Noticias
Noticias e eventos relacionados coa Tropaverde
8
Agosto
- 8 Agosto 2017

A Comisión Europea insta a España a que adopte a normativa da UE sobre as bolsas de plástico lixeiras
Os Gobernos nacionais poden elixir entre unha lista de medidas dirixidas a alcanzar os obxectivos acordados en común
Ver máis27
Xullo
- 27 Xullo 2017

A UE quere acabar coa obsolescencia programada
O próximo obxectivo de Europa para o mercado da electrónica de consumo é acabar coa obsolescencia programada.
Ver máis25
Xullo
- 25 Xullo 2017

Medio Ambiente e Sogama difunden un decálogo con dez recomendacións básicas para unha xestión sostible dos residuos en vacacións
- Limpar os armarios e caixóns das nosas casas, e desfacernos do inservible pode ser o primeiro paso, propiciando desta forma que cada material reciba o tratamento axeitado.
- Poñer freo ao usar e tirar asociado ás comidas ao aire libre e substituír as vaixelas e cubertos de plástico pola súa versión reutilizable constitúe outra boa práctica, do mesmo xeito que a loita contra o littering ou o abandono de residuos na contorna natural, tan característico do período estival.
- Seguir colaborando co sistema de recollida selectiva e aproveitar a oportunidade que brindan as vivendas con horta e xardín para facer compost coa materia orgánica, constitúe outra magnífica opción, ao igual que a redución do desperdicio alimentario, só alcanzable coa planificación e máximo aproveitamento.
- Nada pola borda debe ser o lema para os que surcan os mares, onde a alta presenza de plásticos está a degradar os ecosistemas e ocasionando a morte a moitos animais mariños.
- As actividades de voluntariado ambiental poden supoñer un xesto solidario coa contorna, do mesmo xeito que as que se levan a cabo cos pequenos da casa para que tomen un maior contacto coa natureza e a respecten.
- Manter todas estas condutas durante o resto do ano faise necesario se queremos aportar o noso gran de area no tránsito a realizar cara á economía circular.
20
Xullo
- 20 Xullo 2017

Madeira plástica para o desenvolvemento sustentable
Láminas onduladas para teitos, pisos de vivendas e táboas para a industria da construción son algunhas das aplicacións da madeira plástica ecolóxica desenvolvida no Centro de Innovación Tecnolóxica (CIT) do Centro de Investigación Científica de Iucatán (CICY) a partir de residuos sólidos xerados polos centros urbanos e os sectores agrícola e industrial do país, especialmente no sueste mexicano.
Ver máis4
Xullo
- 4 Xullo 2017

Tropa Verde Ames realizou varias actividades o pasada sábado!
O pasado sábado 1 de Xullo se realizaron varias activiades da Tropa na Praza do Concello de Ames en Bertamiráns!
Ver máis29
Xuño
- 29 Xuño 2017

O PROXECTO TROPA VERDE REPARTIRÁ PLANTAS E DESENVOLVERÁ UN XOGO EN BERTAMIRÁNS CO FIN DE FOMENTAR A RECICLAXE
O sábado, 1 de xullo, o proxecto Tropa Verde, desembarcará en Bertamiráns para realizar un reparto de plantas, así como un xogo para todos os públicos. O xogo, que se chama “Procura do Tesouro coa Tropa Verde”, consistirá nunha serie de pistas que as e os participantes deberán seguir se queren chegar ata o tesouro/premio. A Tropa Verde é un proxecto que, organizado pola empresa Teimas Desenvolvemento xunto coas empresas Urbaser e FFC, ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía.
Ver máis19
Xuño
- 19 Xuño 2017

Consegue grandes agasallos coa procura do tesouro da Tropa Verde Ames!
Participa e divírtete cos máis pequenos
Ver máis